Primeiro foi unha novela, despois unha obra de teatro e agora unha pelÃcula. O Teatro Jofre de Ferrol acolle hoxe (20:30 horas) a estrea do telefilme O Club da Calceta, a adaptación da obra de MarÃa Reimóndez. Dirixido por Antón Dobao conta a historia de Matilde (Susana Dans), Anxos (Sonia Castelo), Rebeca (Katia Kléin), Elvira (Mela Casal), Luz (MarÃa Vázquez), Maruxa (Inma Colomer), Rusa (Antela Cid) e Pitusa (Camila Bossa), unhas mulleres moi diferentes entre si que acoden a clases de calceta, onde expoñen as súas frustracións ao tempo que toman conciencia da súa situación e da necesidade de superala. Producido por Ficción xunto coa TVG e Diagonal Televisión, foi rodado integramente na cidade de Ferrol entre setembro e outubro de 2008. O telefilme fai parte da serie Un mundo de historias, proxecto creado por Antón Dobao centrado na adaptación de obras literarias galegas