O Teatro Jofre de Ferrol acolle hoxe a estrea do Club da Calceta

Fai parte de Un mundo de historias, proxecto que adapta obras literarias

| Santiago. Redacción | Seccións: Espectáculo
Compartir:

Primeiro foi unha novela, despois unha obra de teatro e agora unha película. O Teatro Jofre de Ferrol acolle hoxe (20:30 horas) a estrea do telefilme O Club da Calceta, a adaptación da obra de María Reimóndez. Dirixido por Antón Dobao conta a historia de Matilde (Susana Dans), Anxos (Sonia Castelo), Rebeca (Katia Kléin), Elvira (Mela Casal), Luz (María Vázquez), Maruxa (Inma Colomer), Rusa (Antela Cid) e Pitusa (Camila Bossa), unhas mulleres moi diferentes entre si que acoden a clases de calceta, onde expoñen as súas frustracións ao tempo que toman conciencia da súa situación e da necesidade de superala. Producido por Ficción xunto coa TVG e Diagonal Televisión, foi rodado integramente na cidade de Ferrol entre setembro e outubro de 2008. O telefilme fai parte da serie Un mundo de historias, proxecto creado por Antón Dobao centrado na adaptación de obras literarias galegas

Que che parece esta nova?
58 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Teatro, Teatro Jofre de Ferrol, Antón Dobao, María Reimóndez...