Félix Palomero deixa a Sinfónica de Galicia para dirixir o INAEM

Foi director técnico da Orquestra e dos Coros Nacionais de España durante seis anos

8/5/2009 | Santiago. Redacción | Seccións: Música
Compartir:

En novembro de 2006 chegaba á Coruña para converterse no xerente da Orquestra Sinfónica de Galicia. Baixo o brazo de Félix Palomero (León, 1962) viña un impresionante currículo como director técnico da Orquestra e dos Coros Nacionais de España, dúas unidades de produción pertencentes ao Instituto Nacional das Artes Escénicas (INAEM), nos que acometeu unha fonda remodelación que lle levou seis anos. Agora, regresa ao INAEM pero como director. Substitúe a Juan Carlos Marset no seu cargo e ten por diante a tarefa de converter unha reforma profunda do instituto en Axencia.

Que che parece esta nova?
25 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Inaem, Orquestra Sinfónica de Galicia, Artes Escénicas, León

Claves

Entidades
Conceptos
Lugares