Esta noite ten lugar en Pontevedra a gala de entrega dos Mestre Mateo

Os mortos van ás présas é a gran favorita na VII edición destes premios

| Santiago. Redacción | Seccións: Sociedade
Compartir:

O pazo da Cultura de Pontevedra acolle esta noite (22:15 horas) a gala de entrega da VII edición dos Premios Mestre Mateo. Son os galardóns máis importantes do audiovisual galego e recoñecen as mellores producións feitas no país no 2008. Nesta ocasión a gran favorita Os mortos van ás présas, que conta con 20 candidaturas. Séguenlle Padre Casares e as películas A noite que deixou de chover e Pradolongo que suman seis cada unha. O único galardón seguro é o de Suso Montero, que recibe o Premio de Honra Fernando Rey pola súa traxectoria profesional como director artístico. A gala, dirixida por Jorge Coira, retransmitirase en directo na TVG.

Que che parece esta nova?
60 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Jorge Coira, Premios Mestre Mateo, Pazo da Cultura de Pontevedra, TVG