Un congreso analizará os efectos do cambio climático no rural

Entre outras cuestións, témese a reaparición de pragas erradicadas

| Santiago. Redacción | Seccións: Medio Ambiente
Compartir:

Mudanzas nos hábitats, cambios nos patróns migratorios ou a aparición de especies invasoras son algúns dos efectos que pode ter o cambio climatico no noso ambiente. Estes e outros cambios poden ter efectos destacados sobre o medio rural, derivando na reaparición de pragas e de enfermidades xa erradicadas ou en variacións no rendemento dalgunhas especies. Para analizar estas cuestións, a Asociación Forestal Galega organiza o congreso Medio rural e cambio climático, que se celebrará o 26 de marzo no Pazo de Congresos e Exposicións da Coruña. O prazo de inscricións está aberto nos teléfonos 686 531 558 ou 981534605 (Miguel Acuña Garaboa).

Que che parece esta nova?
39 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Medio Rural, Exposicións

Claves

Entidades
Conceptos