Uxía gaña o premio á mellor canción en galego na XIII edición dos Premios da Música

Os premios entregaranse o vindeiro 12 de marzo en Badaxoz

| Santiago. Redacción | Seccións: Música
Compartir:

Nin Deluxe nin Iván Ferreiro. Ambos os dous competían na categoría de mellor álbum de pop alternativo da XIII edición dos Premios da Música. Sen embargo, o gañador foi Vestusta Morla por Un día en el mundo, un dos grandes vencedores nesta ocasión ao conseguir os tres premios nos que era candidato. Canda ao sexteto madrileño, Amaral e Nena Daconte foron os conxuntos que máis galardóns conseguiron. No apartado de mellor canción en galego, a vencedora foi Uxía con Rumores de falúas. Os premios entregaranse o vindeiro 12 de marzo no pazo de congresos Manuel Rojas de Badaxoz.

Que che parece esta nova?
33 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Badaxoz, Iván Ferreiro, Pop, Deluxe

Claves

Protagonistas
Entidades
Conceptos
Lugares