O instrumentista Pancho Álvarez presenta Sólidos Galicianos

Xa está a venda en formato dixital antes de chegar ás tendas

25/2/2009 | Redacción. MeGA | Seccións: Música
Compartir:

O terceiro disco do multiinstrumentista porriñés Pancho Álvarez está xa dispoñible para mercar en formato dixital, previamente á distribución do CD a través da tenda en liña de PAI Música. Sólidos Galicianos é o primeiro disco que Álvarez edita con PAI Música e nel ofrece trece pezas coas que o artistas se mergulla nos ritmos galegos para atopar diferentes sonoridades. O artista, especialista en instrumentos de corda, deuse a coñecer como violinista do grupo “Na Lúa” a comezos dos 80 formando parte despois do grupo Matto Cóngrio e da formación de acompañamento e gravación de Carlos Núñez. O seu anterior disco en solitario foi Nas Cordas, publicado en 2001 con BOA. O título deste novo traballo fai referencia a unha moedas acuñadas na época do antigo Reino de Galicia.

Que che parece esta nova?
38 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Carlos Núñez, Moedas, Reino de Galicia

Claves

Protagonistas