O Consorcio convoca as axudas a promoción a través da rede

A contía total ascende a 80.000 euros

23/2/2009 | Santiago. Redacción | Seccións: Espectáculo
Compartir:

Nun mercado global, Internet convértese nunha ferramenta imprescindible para a promoción audiovisual. Así pensa o Consorcio Audiovisual de Galicia, que acaba de convocar unha nova edición de axudas para a promoción a través deste soporte. Destinaranse 80.000 euros a sitios web que este ano deberán cumprir dous requisitos: cumprir os estándares de accesibilidade web marcados polo consorcio W3C e, ter un nivel de percepción visual e creativa. O prazo de presentación de solicitudes comezará dende o día seguinte á publicación do anuncio no Diario Oficial de Galicia e estará vixente ata o 1 de decembro de 2009. A iniciativa enmárcase dentro do Plan de Actividades do Consorcio para este ano.

Que che parece esta nova?
20 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Internet, Consorcio Audiovisual de Galicia

Claves

Conceptos