Pedro Ugarte e Manuel Rivas fanse cos premios xornalísticos de Caixanova

Os galardóns teñen unha contía económica de 12.000 euros

| Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:

Ser tío é un exercicio divertido e transgresor fronte ao duro papel de ser pai. Así opina Pedro Ugarte na columna A descendencia, coa que acaba de gañar o premio de xornalismo Julio Camba que outorga anualmente Caixanova. Canda a este, o galardón para os artigos escritos en galego, o Fernández del Riego, foi para Manuel Rivas por A mesa cósmica de Piñeiro e o HAL de Kubrick quen lembrou o intelectual (e á súa sonada mesa camilla) no ano no que se lle dedica o Día das Letras Galegas. Ambos artigos foron publicados en El País e teñen unha dotación económica de 12.000 euros.

Que che parece esta nova?
35 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Manuel Rivas, Caixanova, Xornalismo, Día das Letras Galegas...