O trío Chamuyo Tango presenta o seu primeiro disco En Auria

Un arxentino, un uruguaio e un galego fan soar o tango na cidade das Burgas

17/2/2009 | Redacción. MeGA | Seccións: Música
Compartir:

A discográfica ourensá Zouma records presenta estes días o disco En Auria debut do trío Chamuyo Tango, formado polo bonaerense Ricardo Coronel, na voz, Carlos Campos ao violín, e o uruguaio Esteban Muñiz na guitarra. Un trío de orixes cuxos compoñentes teñen orixes e idades diversas e que, desde Ourense queren achegar a súa propia interpretación desta carismática música de raizame porteña. Nos trece temas do disco Chamuyo interpreta tangos clásicos da Guardia Vieja, das décadas dos 40 e 50 do século vinte. Na gravación contaron coa colaboración de David G. Outumuro (compoñente de Mutenrohi) nas percusións, e Xurxo Brea (do Sonoro Maxin) ao baixo.

Que che parece esta nova?
34 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Cidade das Burgas, Clásicos, Ourense

Claves

Conceptos