Por en valor as producións audiovisuais feitas por mulleres ou que acheguen unha ollada feminina. Este é o obxectivo que persegue o I festival da Madama, un encontro que se celebra en Sanxenxo do 19 ao 21 de febreiro. Repartirá 2.500 euros en premios (mellor curta, mellor curta de animación, mellor curta rodada en Sanxenxo) ademais de nomear Madama de honra a Susana Maceira pola súa traxectoria. O encontro terá lugar no Pazo Emilia Pardo Bazán con entrada libre e de balde.