Unha xornada informativa achega a Santiago as axudas do programa MEDIA

A Unión Europea abrirá no 2011 un novo programa co nome Media Mundus

| Santiago. Redacción | Seccións: Espectáculo
Compartir:

A Comisión Europea mantén, a través da Dirección Xeral de Sociedade da Información que dirixe Vivianne Redding, liñas de axuda ao sector audiovisual. Trátase de diferentes modalidades que se complementarán no futuro co programa Media Mundus 2011-2013. Cómo presentar a documentación, a resolución de casos prácticos e a explicación das liñas de futuro do programa son os obxectivos desta xornada que contará coa presenza de Jesús Hernández, director de Media Desk España, Carlo D’Ursi, director de Potenza Producciones S.L, e Manuel González, asesor en materia audiovisual da Consellaría de Cultura e Deporte.

Que che parece esta nova?
50 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Unión Europea, Manuel González, Comisión Europea, Medios de comunicación