O vindeiro Xacobeo non se derrubará o muro da Porta Santa

O Cabido baralla simplificar o ritual

O tradicional derrubamento do muro de mampostería que cobre a Porta Santa non se derrubará o vindeiro ano Xacobeo. O Cabido da Catedral prevé simplificar o acto que dá comezo ao Ano Santo e substituír este ceremonial por unha simple apertura con chave. Precisamente no pasado ano 2004 inaugurábase unha porta de bronce, obra de Suso León, que cubría este van. A opción que se presenta é que a inauguración fique simplemente nunha apertura con chave desta porta, aínda que polo momento no se fechou esta posibilidade.