Chega o VII Festival Sinsal

Evangelista e Konono nº1 son algúns dos concertos programados

23/1/2009 | Santiago. Redacción | Seccións: Música
Compartir:

A sétima edición do Festival Sinsal xa está en marcha. O MARCO de Vigo acollerá o triple concerto de Evangelista, Sir Richard Bishop, Ches Smith o vindeiro 1 de febreiro. Para o 20 de xuño está prevista en Vigo a actuación dos africanos Konono nº1 nun espazo aínda sen confirmar.
Como grande novidade, a edición deste ano inclúe por primeira vez unha extensión das actividades ao Fórum Metropolitano da Coruña, onde se poderá ver, o 30 de marzo, a Françoiz Breut. Amplíanse tamén as actividades previstas no Saló Teatro de Santiago, que contará coa presenza de Jeremy Jay o 8 de febreiro. A maiores, a organización anunciou que para o verán as actividades do festival desenvolveranse na Illa de San Simón.

Que che parece esta nova?
32 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

01/02/2010

Comeza o SINSAL 8

Sunn O))) abre esta noite a programación do festival no MARCO

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Sinsal, Vigo, Teatro, Fórum Metropolitano...