Santiago e Ferrol acollen senllos ciclos musicais sobre o compositor alemán

Bach é o protagonista no outono musical

| Santiago.Redaccion | Seccións: Música
Compartir:

O outono musical ten un nome propio: Johan Sebastian Bach. O compositor está presente na maior parte dos eventos organizados para iniciar os programas de cara a esta nova temporada musical.

Ferrol inicia o programa cun ciclo musical


A programación musical do concello de Ferrol arranca o día 18 de outono cun ciclo adicado a J.S. Bach no Centro Torrente Ballester. O programa inclúe recitais, ciclos e concertos, nos que destaca "O nacional na música". Un ciclo no que se pretende facer un percorrido musical pola cultura de diferentes pobos. A planificación chega ata decembro, mes no que están programados diferentes actos con motivo do Nadal.




English Baroque Soloist

A English Baroque Soloist e o coro de Monteverdi son os encargados de inaugurar a temporada musical do Auditorio de Galicia. O escenario escollido para a presentación da temporada é, como noutras edicións, A igrexa de San Domingos de Bonaval.

Que che parece esta nova?
19 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Axuda a difundir a cultura galega

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Nadal, Auditorio de Galicia, Gonzalo Torrente Ballester, Concello de Ferrol...