Comeza a xira multiartística do disco nacido do "Projecto Ninguém"

"Ball-Cans" a conexión musical con Iugoeslavia

| Santiago.Redaccion | Seccións: Música
Compartir:

A xira do disco "Ball-Cans", presentado o pasado mes, ponse en marcha este outono. A mestura de música tradicional galega realizada polo "Projecto Ninguém" de Ferrol percorrerá varias cidades de Galicia cun espectáculo que integra música, teatro e pintura. As actuacións, pensadas para locais pequenos.

Colaboracións de luxo


No seu primeiro disco, os artistas do "Projecto Ninguém" contaron con colaboracións da talla de Guadi Gallego, de Berrogüetto, Rosa e Javier Cedrón de Luar Na Lubre, Uxía... e así ata 43 músicos. A mestura entre a música galega e a balcánica realízase mediante estilos como o jazz, o folk ou o pop, sumando 16 temas de estilo indefinible.




Xira "Ball-Canicas"

A xira "Ball-Canicas" pretende, ó igual que o disco, ser unha reflexión artística sobre a situación da zona dos balcáns e as expresións culturais que alí se dan. Logo dun exitoso comezo o pasado día 27 na Coruña, o espectáculo visitará o Pub Garigolo de Compostela o próximo día 14. Na actuación interveñen, ademais dos músicos, teatro, pintura, danza e video.




"Projecto Ninguém"

O "Projecto Ninguém" naceu en Ferrol en xaneiro do ano 2000 como un intento de crear un grupo artístico multidisciplinar que puidese levar a cabo actuacións en locais de pequeno tamaño e servise de plataforma de lanzamento para creadores descoñecidos. Ademais do disco e da xira en marcha, prevén realizar espectáculos e performances, e outra xira, "Ball-Cans" para grandes festivais.

Que che parece esta nova?
17 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Axuda a difundir a cultura galega

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Cans, Espectáculo, Teatro, Ferrol...