Berganza e a Filharmonía puxeron fin á programación do pabillón español

Éxito de aplausos en Hannover

| Santiago.Redaccion | Seccións: Música
Compartir:

A Real Filharmonía de Galicia e a mezzosoprano Teresa Berganza puxeron fin á programación cultural do pabillón español na EXPO 2000 de Hannover. E fixérono recibindo unha forte ovación que arrincou aplausos durante máis de dez minutos.

Estrea mundial


A solista e a orquestra, dirixida por Maximino Zumalave, acadaron un notable éxito en Hannover. Na gala, presentaron un programa baseado en zarzuelas e cancións populares españolas. Ademais, estrenaron a peza "O amencer dos soños" escrita polo compositor coruñés Xavier de Paz especialmente para a ocasión.




Programación cultural

23 actuacións musicais, 4 representacións teatrais e 4 exposición de arte foi o compendio de actividades que conformou o programa de actividades que durantecinco meses se amosou en terras alemanas.
Un programa que segundo voceiros do pabillón español, incluéu a artistas da valía de Joaquín Cortés, Vicente Amigos e Carlos Núñez.




Outros galegos

Carlos Núñez e Milladoiro completaron os sons galegos que durante estes cinco meses se pasearon por terras alemanas. As raíces celtas fixeron gozar ó público que se paseou polo pabillón español en Hannover.

Que che parece esta nova?
11 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Axuda a difundir a cultura galega

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Real Filharmonía de Galicia, Carlos Núñez, Maximino Zumalave, Milladoiro