Os Clústers do Audiovisual alíanse para traballar de xeito conxunto

O foro volverá reunirse o próximo ano en Valencia

| Santiago. Redacción | Seccións: Espectáculo
Compartir:

Euskadi, Valencia, Madrid, Estremadura, Andalucía, Illas Baleares e Galicia son comunidades que contan con clústers das empresas do audiovisual. Os representantes destas entidades reuníronse estes días en Bilbao para analizar a súa problemática e abordar proxectos de xeito unificado. Entre os principais acordos desas xuntanzas está promover proxectos comúns para aproveitar liñas de financiamento xa existentes (programa Avanza, Interreg...), así como estudar a posibilidade de crear unha rede colaborativa. O foro, que foi unha iniciativa do Clúster do Audiovisual Galego, terá a súa vindeira xuntanza no 2009 en Valencia.

Que che parece esta nova?
23 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Valencia, Estremadura, Bilbao, Euskadi...