Os documentais galegos acoden ao Málaga Markets que comeza hoxe

O Consorcio presentará Docs08, o catálogo de promoción de documentais

1/12/2008 | Santiago. Redacción | Seccións: Espectáculo
Compartir:

Málaga Markets é o nome co que a capital andaluza celebra os mercados de longametraxes, animación, telefilmes e documentais. Unha cita á que acode o Consorcio Audiovisual Galego co catálogo Docs Galicia 08, que inclúe catro traballos documentais realizado no país. Dentro deles figura Manuel e Elisa, cuxos produtores (a empresa Tic-Tac) acoden para contar a súa experiencia en “Nacido en Málaga”, unha sección creada no 2007 cunha bolsa de apoio económico para completar o financiamento das producións audiovisuais. Ademais, Tic-Tac aproveitará para presentar a película no marco dunha proxección especial fronte a distribuidores e compradores internacionais.

Que che parece esta nova?
20 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Documentais, Málaga, TIC, Animación...