La Voz de Galicia lanza a historia da Coruña en banda deseñada

Norberto Fernández debuxa as doce entregas de dezaseis páxinas

| Santiago. Redacción | Seccións: Arte
Compartir:

A Coruña. 800 años de historia é o título do novo coleccionable que lanza o vindeiro domingo La Voz de Galicia na súa edición da Coruña. Trátase dun repaso en forma de banda deseñada á historia da cidade, con Enrique Vázquez Pita encargándose do argumento e Norberto Fernández a facer o debuxo. En total serán doce entregas de dezaseis páxinas que incluirán pequenos artigos de contextualización histórica. O primeiro capítulo, que se agasalla este domingo co xornal, céntrase na historia de María Pita, e os seguintes centraranse en sucesivos momentos históricos coma as rebelións irmandiñas, a Guerra Civil, a emigración ou a victoria ligueira do Deportivo.

Que che parece esta nova?
65 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con A Coruña, Banda deseñada, La Voz de Galicia, Norberto Fernández...