Recreacións e testemuños mestúranse en Flores Tristes, o documental sobre a represión en Galicia

A produción estreáse o venres 21 no marco de Cineuropa

Os foxos das estradas son lugares nos que acostuman a nacer unha gran variedade de flores. Pero tamén son os espazos nos que foron fusilados, asasinados e paseados moitos galegos durante a posguerra. Por iso, Teo Manuel Abad púxolle por título Flores tristes ao documental que fixo sobre a represión en Galicia. Unha historia que mestura testemuños de víctimas represaliadas con recreacións dalgúns dos episodios mais dramáticos da historia recente. A película estreáse o venres 21 (Teatro Principal, 21:45 horas), no marco de Cineuropa, o festival de cine independente e social do Concello de Santiago.