Cada galego gasta ao ano 270 euros en cultura

Está na rede o Anuario de Estatísticas Culturais que elabora o Ministerio

| Santiago. Redacción | Seccións: Sociedade
Compartir:

O Ministerio de Cultura acaba de facer público a última edición do seu anuario estatístico, é dicir, o documento que contén as cifras máis completas sobre o sector cultural. Entre os datos, desglosado en case todos os capítulos por comunidades autónomas, franxas de idade e xénero, destaca que o gasto medio por habitante en Galicia ascende a 270.6 euros. A cifra está lonxe dos 168 euros que se gastaban no 2006 pero Håkan Casares, coordinador do Observatorio da Cultura Galega, afirma que o incremento da cifra se debe principalmente a “un cambio de metodoloxía que incorpora máis variables e unha mostra máis representativa”, pero que confirma a tendencia á alza no gasto cultural.

Que che parece esta nova?
30 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Xénero, Observatorio da Cultura Galega, Ministerio de Cultura