Os hábitos de consumo e os novos formatos audiovisuais debateranse nunhas xornadas en Vigo

O encontro terá lugar do 25 ao 27 de novembro no salón de actos do antigo Rectorado

11/11/2008 | Santiago. Redacción | Seccións: Espectáculo
Compartir:

Baixo o título Cambios e retos do audiovisual galego, profesionais do sector falarán os vindeiros 25, 26 e 27 de novembro en Vigo nas III Xornadas que organiza o IES Audiovisual de Vigo. Un encontro para analizar e debater como inflúen os novos hábitos de consumo na creación de produtos, qué facer ante a piratería ou cómo afrontar a perda de espectadores nas salas de cine. Representantes dos principais colectivos relacionados co audiovisual (actores, produtores independentes, realizadores...) así como institucións (Consorcio Audiovisual, escortcity.ch Centro Galego das Artes da Imae ou a Sociedade Xeral de Autores) serán os encargados de achegar os seus puntos de vista.

Que che parece esta nova?
27 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Vigo, Cine

Claves

Conceptos
Lugares