Unha mostra achégase á etnografía a través do cinema

Inclúe tamén as cintas gañadoras da última edición do festival de cine documental de Huesca

| Santiago. Redacción | Seccións: Espectáculo
Compartir:

Xaquín Lorenzo e Antonio Román foron os pioneiros facer cine desde un punto de vista etnográfico en Galicia. De feito, a súa película “O carro e o home” foi a que abriu este subxénero. Atendendo a esa característica o Museo do Pobo Galego acaba de presentar a III Mostra de Cine Etnográfico que se desenvolverá do 31 de outubro ao 6 de novembro. A xornada conta con varias seccións: “Espiello”, na que se proxectan as cintas gañadoras na última edición do Festival de Cine Documental Etnográfico da Comarca de Sobrarbe (Huesca), e a “Carlos Velo”, onde o Museo prima a presenza de realizadores e realizadoras galegas.

Que che parece esta nova?
45 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Cine, Documental, Etnografía, Xaquín Lorenzo...