Xosé Luís Martínez Pereiro: “tento reflexar dunha maneira divertida este mundo que nos rodea”

O narrador e humorista coruñés é o gañador do Premio Narrativa Breve Repsol YPF 2008

“Buscar de maneira sesgada como é a realidade que nos rodea, que pode ser plantexada desde outro punto de vista menos tráxica e máis divertida”. Deste xeito resume Xosé Luis Martínez (A Coruña, 1959) a esencia de A verdade como mal menor, o conxunto de 45 relatos cos que acaba de ser gañador do premio Narrativa breve Repsol 2008, dotado con 9.000 euros.