A USC estrea selo editorial

USC Editora centrarase no ensaio e baralla editar libros de texto para secundaria

| Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:

A Universidade de Santiago acaba de presentar USC Editora, o novo selo co que publicará traballos científicos no seo do Servizo de Publicacións. A firma quere introducir criterios de calidade na edición universitaria e contará cun grupo de editores de cinco áreas de coñecemento que se encargarán de revisar os orixinais. O novo selo lanzará tres liñas editoriais, Académica, Docencia e Ensaio. De cara ao futuro, Antonio Azaustre, responsable académico do Servizo, anunciou que pensan traballar na elaboración de libros de texto de español para estranxeiros e mais para Ensino Secundario.

Que che parece esta nova?
26 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con USC, Ensaio, Secundaria, Editores...

Claves

Entidades
Lugares