Arrinca o festival de jazz de Cangas

Canjazz quere unir a vila mariñeira con Nova York

26/8/2008 | Santiago. Redacción | Seccións: Música
Compartir:

A conexión entre o jazz da Grande Mazá e mais a vila mariñeira de Cangas é o eixe da XI edición de Canjazz, o festival dedicado a esta música que se celebra na localidade do Morrazo. O evento, que se desenvolve entre o 27 e o 29 de agosto, contará coa presenza de recoñecidos intépretes coma Marcus Strickland, Lage Lung ou Doris Cales. Canda a eles, cangueses de proxección internacional, coma o pianista Xan Campos e o batería Iago Fernández conforman un programa que se completa con jam sessions, pasarrúas e a gravación dun disco a cargo da formación Canjazz Reunion.

Que che parece esta nova?
25 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Jazz, Cangas, Nova York, Morrazo

Claves

Conceptos