O xornalista Manuel Lombao (Lugo, 1943) é o terceiro galego en estar ao frente dun centro do Instituto Cervantes. O vindeiro 1 de setembro farase cargo do centro de Brasilia, tal e como comunicou a responsable do Cervantes, Carmen Caffarel. Lombao é licenciado en Dereito e en Ciencias da Información pola Universidade Complutense de Madrid. Actualmente é director da Área de Centros Territoriais de RTVE, entidade na que desempeñou numerosos cargos, entre eles o de subdirector de cultura de informativos de TVE.