O actual trazado do tren entre Ordes e Santiago converterase nunha senda verde

A iniciativa supón o aproveitamento das vías e o seu contorno

| Santiago. Redacción | Seccións: Medio Ambiente
Compartir:

A chegada do AVE vai supor, entre moitas outras cousas, que vinte e cinco quilómetros de vía que transcorre polos municipios de Santiago, Ordes e Oroso van quedar en desuso. Por iso, o xestor de infraestruturas de Renfe, Adif, e os concellos afectados van convertelas en sendas verdes. Isto supón que se acondicionarán as vías e os terreos colindantes para ser recorridos por cicloturistas e camiñantes. Isto fai parte do programa Vías verdes que existe en España desde hai anos e que ten recibidos numerosos premios, entre eles, o de Boas Prácticas do Programa Hábitat da ONU.

Que che parece esta nova?
44 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Ordes, ONU

Claves

Entidades
Lugares