O Oceanus achega de xeito lúdico a importancia do mar na cultura e no lecer

O Festival dos Mares desenvólvese ata domingo na Coruña

26/6/2008 | Santiago. Redacción | Seccións: Sociedade
Compartir:

O mar ten un compoñente cultural, económico e de lecer. Tres facetas que recolle “Oceanus 2008", o festival dos mares que se celebra na Coruña desde hoxe ata domingo. Para iso están programados obradoiros (“Aprende a comer peixe con Xan” ou “Amárrate ao mar”) ou cursos prácticos de vela, navegación e surf, xunto con proxeccións de cine e degustacións de produtos do mar. Ademais de oito exposicións en diferentes centros da cidade, Luar na Lubre ofrecerá un concerto no contorno da Torre de Hércules e a praza de María Pita acollerá unha demostración esculturas de xeo.

Que che parece esta nova?
17 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con A Coruña, Torre, Exposicións, Luar...