Anxos Sumai, Luis Landero e Julian Barnes gañan o San Clemente de Literatura

O xurado está formado por estudantes de bacharelato de cinco institutos galegos

25/6/2008 | Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:

Son, posiblemente, dos premios que máis emocionan aos escritores que os reciben. E iso é polo seu peculiar xurado: alumnos de bacharelato de cinco institutos galegos organizados en tres xurados para avaliar novelas en lingua galega, española e internacionais. Desta volta, os libros gañadores desta XIV edición foron Así nacen as baleas de Anxos Sumai, Arthur & George de Luis Landero e Hoy, Júpiter de Julian Barnes.

A entrega formal dos premios Arcebispo San Clemente será en marzo do vindeiro ano, e aproveitarase para entregar tamén os premios da edición anterior. O director do Instituto Rosalía de Castro, Ubaldo Rueda, suliñou que no acto de entrega estará o escritor Haruki Murakami, premiado en 2007 por Kafka en la orilla.

Que che parece esta nova?
30 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Anxos Sumai, Bacharelato, Literatura, Rosalía de Castro...