Quiosco: O novo número de Obradoiro céntrase na "arquitectura do pequeno"

Edítaa o Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia

| Santiago. Redacción | Seccións: Quiosco
Compartir:

"Sabémolo todos pero queriamos lembralo: non hai proxecto pequeno", aseguran os arquitectos Carlos A. Pita e Carlos Quintáns, directores da revista Obradoiro que edita o Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia.

Xa estamos no número 33 e desta volta céntrase de xeito monográfico na "arquitectura do pequeno". "Pequenos edificios deron pasos de xigante na historia da arquitectura, desde San Pietro in Montorio á Fansworth, desde o pavillón de cristal de Taut á Sokullu Mehmed Pasa de Sinan", aseguran.

O Obradoiro número 33 contén traballos de Fernando Agrasar, José Villacé, Manuel Gallego, Vari Caramés ou Jesús Irrisarri e Guadalupe Piñera, entre moitos outros. Ten 304 páxinas e custa 18 euros.

Vídeo de presentación do número 33:


revista obradoiro 33 from revistaobradoiro on Vimeo.

Que che parece esta nova?
70 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Axuda a difundir a cultura galega

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Obradoiro, Arquitectura, Manuel Gallego, Vari Caramés

Claves

Conceptos
Lugares