¿É posible facer cine sen recursos? As respostas a esta pregunta achegaranse na xornada que terá lugar o vindeiro 8 de maio no Clube Internacional de Prensa. Unha actividade dobre: unha pechada aos profesionais do sector e outra aberta ao público en xeral. Nesta última sesión, falará Sergio Benenuto, director do Festival Internacional de Cinema Pobre de Cuba, que achegará a experiencia cubana onde se fan longas e curtas sen apenas achega económica.