O auditorio de Lugo terá 1.200 prazas e espazo para congresos e exposicións

A letra pequena do museo

Unha vez solucionado o emprazamento no que se construirá o futuro auditorio de Lugo, chega o momento de deseñar o edificio. Os únicos requisitos que terá o complexo son os fixados pola Consellaría de Política Territorial: unha sala principal con 900 prazas, outro espazo máis pequeno para pequenos espectáculos (con cabida para 300 persoas), unha área complementaria para congresos e exposicións, unha escola de música e unha mediateca. O procedemento pasa agora pola convocatoria do concurso de méritos para escoller arquitecto e nos cálculos da Consellaría de Política Territorial está que as obras comecen no 2009.