A Asociación do Conservatorio de Música Tradicional e Folque presenta dúas producións coincidentes nesta fin de semana en Ferrolterra e que teñen a zanfona como denominador común. Por unha banda o Concello de Narón promove o 4º Encontro de Zanfona Contemporánea, un referente consolidado para os interesados neste instrumento. Dentro do programa o mestre francés Valentin Clastrier será o encargado dun curso intensivo do instrumento nas instalacións do convento-pazo de Baltar. OrganÃzase tamén un escenario aberto para zanfonistas solistas ou en formación (tamén con outros instrumentos) con entrada de balde o sábado 1 á noite. En paralelo, o ciclo “Diálogos con zanfona” ofrece no Teatro Jofre 3 concertos en dous dÃas promovidos polo Concello de Ferrol. O venres a Baldo MartÃnez Grand Ensemble interpretarán, en clave de jazz contemporáneo, un repertorio inspirado na música de raÃz das terras do Miño fronteirizo. Nos concertos do domingo Germán DÃaz trae o espectáculo “O sea, π” e actuará en solitario o austrÃaco Matthias Loibner.