As discográficas galegas voltan do Midem con acordos comerciais

Contacto na feira

1/2/2008 | Santiago. Redacción | Seccións: Música
Compartir:

Zouma Récords, a Fábrica de Chocolate e Falcatruada voltaron con acordos do Mercado Internacional do Disco e da Edición Musical (Midem) que pechou onte en Cannes. Deste xeito, Zouma conseguiu un distribuidor do seu catálogo para Francia e acordou traballos de xestión e dirección neste mesmo país e no Reino Unido. Pola súa banda, La fábrica de Chocolate sentou as bases dunha estrutura ibérica e latinoamericana para a promoción dos seus artistas e a distribución do seu catálogo. Finalmente, Falcatruada realizou contactos para a distribución dixital do seu repertorio. En xeral, os participantes amosáronse contentos dos resultados que obtiveron neste encontro.

Que che parece esta nova?
21 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Feira, Cannes, Reino Unido, Francia

Claves

Conceptos