Nace a primeira sociedade con capital público para financiar películas de gran orzamento

Cine, por sempre

| Santiago. Redacción | Seccións: Espectáculo
Compartir:

Deuse a coñecer hai catro meses pero o convenio que fixa as súas características asinouse onte. Caixa Galicia (cun 51%) e a Xunta (cun 49%) acaban de constituír SempreCinema Producións, unha entidade pioneira en todo o estado que ten como obxectivo coproducir filmes con vocación comercial. Os requisitos para que esta sociedade financie películas é que sexan longametraxes, teñan un orzamento superior a 2.2 millóns, o capital galego na coprodución sexa un mínimo de 440.000 euros e teñan unha clara vocación comercial. Ademais, as produtoras que opten a contar con cartos desta sociedade (un máximo de 600.000 euros) deberán ter estreado en salas dúas longametraxes e ter suficientes recursos humanos para levar a cabo o proxecto.

Que che parece esta nova?
41 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Cine, Caixa Galicia

Claves

Entidades
Conceptos