Concerto de homenaxe aos Diplomáticos e de presentación de "120 Capadores"

Noite brava

18/1/2008 | Redacción. MeGA | Seccións: Música
Compartir:
Os nostálxicos do bravú e os novos descubridores deste estilo teñen este sábado 19 unha cita no campus de Elviña da Universidade d'A Coruña dende as 20:30 horas: a posta en escena da homenaxe das bandas galegas aos Diplomáticos de Monte Alto plasmada no disco “120 Capadores” (falcatruada 07) preséntase ao público nun concerto con pretensións de grande foliada. A festa contará coa actriz Isabel Risco como mestra de cerimonias acompañada de Pulpiño Viascón e coas actuacións en directo do Leo i Arremecaghoná, Ruxe Ruxe, Lamatumbá e Ultracáns. O programa, porén, presenta moitas máis sorpresas.

Máis información en Komunikando

Que che parece esta nova?
31 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Bravú, Ruxe Ruxe, A Coruña, Elviña

Claves

Entidades
Conceptos