Triángulo de Amor Bizarro é o mellor disco de 2007 segundo os lectores de SONO-TONE

O mellor do 2007

16/1/2008 | Redacción. MeGA | Seccións: Música
Compartir:
Cando nalgúns medios de comunicación comezan a preguntarse cal foi o mellor disco dos artistas do país no pasado ano, na revista SONO –TONE xa o teñen claro. O magazine en liña sobre música convocou o pasado 11 de decembro aos seus lectores para pronunciarse sobre a cuestión. Setecentas trinta e unha persoas enviaron as súas puntuacións – seis puntos a distribuír- cun resultado de 4.386 votos e unha lista de 52 discos encabezada polo disco de debut dos coruñeses Triángulo de Amor Bizarro (Mushroom Pillow), de mesmo nome que o grupo, con 217 puntos. Os lectores de SONO-TONE coinciden así con outros críticos como os do xornal Público que tamén acharon neste disco o mellor traballo musical do pasado 2007. Con só vinte e dous puntos menos a lista dos lectores colocou ao disco Tres de The Homens, editado por Falcatruada, e seguindo a este están “Finais dos 70s, comezos dos 80s” de Fanny + Alexander e “Ed Wood e a invasións dos paraugas asasinos” de Ataque Escampe. A votación fíxose a través do correo electrónico para evitar a deturpación dos resultados.

Máis información en SONO-TONE e sobre TAB nos nosos arquivos

Que che parece esta nova?
31 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Triángulo de Amor Bizarro, Medios de comunicación, Culturagalega