No inicio do presente curso académico, o presidente da Xunta, Emilio Pérez Touriño, anunciou a reforma do actual modelo de financiamento universitario. Pois ben, catro meses despois, vanse iniciar as conversas para elaborar un novo plan que se establecerá para o vindeiro cuadrienio (2009-2013). O "novo horizonte económico", en palabras de Touriño, deberá garantir a solvencia das tres universidades e implicará destinar para elas o 1% do PIB. Ademais, José MarÃa Barja, que tomaba posesión como rector da Universidade da Coruña, reclamou criterios de igualdade no reparto económico entre as tres universidades que hai no paÃs.
Máis información en El PaÃs, La Voz de Galicia e nos nosos arquivos