As galerías galegas avanzan as súas propostas para a vindeira edición de ARCO

Tres en 08

21/12/2007 | Santiago. Redacción | Seccións: Arte
Compartir:
Comeza a marcha atrás para a vindeira edición de ARCO (13-18 de febreiro), a feira de galerías máis importante do Estado. Despois do recorte inicial, tres galerías galegas estarán na listaxe expositiva: a viguesa Ad hoc fará parte do programa xeral, mentres que Bacelos e Trinta intégranse dentro de “ARCO40”, un espazo que reunirá a obra artística recente (creada nos últimos tres anos). Ante a proximidade da feira, as galerías comezan a adiantar os traballos que presentarán, o que pasa por amosar as súas liñas de traballo. Trinta presentará, entre outras novidades, o proxecto artístico “Esto no es pop” do catalán Carlos Pazos, mentres que Bacelos achegará as propostas de Victoria Diehl, a fotógrafa Laura Torrado e a artista portuguesa Catrina Campino.

Máis información en Galiciae, no web de ARCO e na nosa hemeroteca

Que che parece esta nova?
31 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con ARCO, Feira, Pop, Culturagalega

Claves

Entidades
Conceptos