O Grupo de Música Tradicional Pai da Cana recolle no seu novo disco, paidacana12 (Edicións do Cumio, 2007), os 12 anos de traxectoria do conxunto amosando as distintas formacións musicais que foi adoitando, asà como unha parte do seu repertorio a través do que se pode percibir a súa evolución musical. O grupo, formado en 1995 na asociación cultural do mesmo nome de Poio, ten un repertorio de pezas das charangas galegas que existiron no paÃs e mais en América dende finais do século XIX, ritmos importados coma o vals, a mazurca, a polca, a ranchera, o tango ou a rumba, que na altura se relacionaban co progreso e a modernidade, e outras pezas tradicionais arranxadas dentro desta estética musical de entreséculos que tamén levan ao seu vestiario de actuación. Na charanga de Pai da Cana a gaita e o acordeón se funden cos instrumentos propios das bandas de música como o clarinete, o saxofón, a caixa e o bombo con pratos. Forman o grupo MarÃa Vidal, Miguel Dopazo, Diego RodrÃguez, Iria GarcÃa, Oscar Pazos e Carlos Mouriño, baixo a dirección e arranxos de Óscar Ibáñez. O CD presentarase no Teatro Principal de Pontevedra o dÃa 28 de decembro ás 20:30 horas, entrada libre.