Cultura crea unha rede para exhibir producións audiovisuais non comerciais

Estreas en rede

3/12/2007 | Santiago. Redacción | Seccións: Espectáculo
Compartir:
Un dos principais problemas que ten o sector audiovisual galego na actualidade é o da exhibición. Por iso, a Consellaría de Cultura, a través da Axencia Audiovisual Galega, presenta REDestreas, un circuíto de exhibición destinado a curtametraxes, documentais ou produción alternativa non comercial. Un programa que nace coa implicación das cidades da Coruña (no Forum Metropolitano), Pontevedra (no Teatro Principal), Ourense (no Auditorio de Ourense) e Santiago (no Centro Sociocultural das Fontiñas ou Teatro Principal-para estreas colectivas-), Vigo (Auditorio Municipal) e Cambados (Centro Comarcal do Salnés).

Máis información no web da Axencia Audiovisual Galega

Que che parece esta nova?
52 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Teatro, Axencia Audiovisual Galega, Ourense, Documentais...