Ignacio Ramoneda reflexionará sobre a Ilustración no marco do foro “Os sentidos das culturas”

O sentido ilustrado

| Santiago. Redacción | Seccións: Escolle sección
Compartir:
“Que é a ilustración?” este é o interrogante que presenta o filosofo e xornalista Ignacio Ramoneda no marco das conferencias “Os sentidos das Culturas” que organiza o Consello da Cultura Galega. Na súa intervención, que terá lugar hoxe ás 17:00 horas, reflexionará sobre a Ilustración e a capacidade que lle concede ao individuo de pensar e decidir por si mesmo. Retómase así o foro despois do parón do verán, coa presenza confirmada do historiador e sociólogo Ernesto Laclau e de Anne-Marie Thiesse, autora de libros como “A creación das identidades nacionais”.

Máis información no web do Consello da Cultura

Que che parece esta nova?
33 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Consello da Cultura Galega, Museo de Arte Contemporánea de Vigo (MARCO)