Budiño reúne influencias e colaboracións diversas nun disco con ambición universal

Home de mundo

| Redacción. MeGA | Seccións: Música
Compartir:

Por segunda semana consecutiva a discográfica coruñesa Falcatruada pon nas tendas un disco de importancia asegurada no panorama musical. O cuarto disco do gaiteiro Xosé Manuel Budiño, “Home” (Falcatruada, 2007), sae o día 27 de novembro xusto cando se cumpren dez anos da publicación do seu primeiro traballo “Paralaia” (Resistencia, 1997) e é o menos solitario dos seus traballos xa que está cheo de colaboracións de amigos como Xoel López, Deluxe, quen lle presta a voz en Ollos de Sal, Mercedes Peón, Kepa Junkera, Jorge Pardo, Paco Charlín e Antón Reixa entre outros. Nos seus dez temas “Home” preséntase como unha proposta de “World music” nacida pola influencia das múltiples viaxes e desde a música tradicional galega. O disco foi gravado nos Estudios Ardora polo propio Budiño e mesturado en casa de Tolos por Segundo Grandío e Budiño. O gaiteiro abrirá a súa xira de presentación o vindeiro 19 de xaneiro no festival Celtic Connections de Glasgow e tamén estar o vindeiro 8 de decembro na Habana para participar nos acto conmemorativos do centenario do himno galego.

Que che parece esta nova?
68 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Budiño lanza Sotaque

Budiño lanza Sotaque

O sexto disco do gaiteiro, cheo de colaboracións, chega o 23 de abril

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Budiño, Manuel Budiño, Antón Reixa, Mercedes Peón...