Un premio estatal recoñece o apoio da Deputación da Coruña á artesanía

Un premio artesán

| Santiago. Redacción | Seccións: Sociedade
Compartir:
A convocatoria do premio Antón Fraguas ou a recuperación do complexo do Forno do Forte en Buño son algúns dos méritos que lle valeron á Deputación da Coruña o Premio Nacional de Artesanía no apartado “Promociona 2007”. Este galardón, que outorga a Fundación Española para a Innovación da Artesanía, dependente do Ministerio de Industria, tivo en conta tamén actividades coma o apoio á Mostra do Encaixe de Camariñas, á Mostra de Artesanía en Vivo de Vimianzo, á da Olaría de Buño ou Mostrart na Coruña.

Máis información no web da Deputación; e en Galicia Hoxe; máis sobre a Olaría de Buño neste tema; a recuperación do Forno do Forte nos nosos arquivos

Que che parece esta nova?
32 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Deputación da Coruña, Culturagalega, Antón Fraguas, Galicia Hoxe...