Poetas e intelectuais demostran a fonda relación do catalán Salvador Espriu coa cultura galega

Espriu i Galicia

| Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:
O anuario Indesinenter centra o seu segundo número ás relacións entre o renovador da literatura catalá Salvador Espriu (1913-1985) e a cultura galega. A través de artigos de Basilio Losada, Xesús Alonso Montero, Xosé Lois García, Helena Villar Janeiro e Xesús Rábade o anuario descobre o intercambio constante de Espriu cos autores e intelectuais galegos así como o seu coñecemento da literatura e lingua do noso país. O anuario inclúe tamén a documentación sobre a bibliografía galega na biblioteca de Espriu así como un conxunto de fichas de temas galegos que o poeta redactara para o seu uso persoal. Indesinenter é o espazo de referencia para a publicación de estudos sobre Salvador Espriu e a difusión de materiais e documentos.

Máis información en Indesinenter e entrada da Wikipedia sobre Salvador Espriu

Que che parece esta nova?
53 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Literatura, Xesús Alonso Montero, Xosé Lois García, Basilio Losada...