O xornal El País comeza esta semana a ofrecer una colección de libros infantís coordinada por Galaxia

Contos co diario

9/11/2007 | Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:
En total será vinte e dúas as obras que desde este domingo se ofrecerán aos lectores de El País polo prezo engadido dun euro. Esta colección chamada “No País dos contos “ comeza de balde distribuíndo o libro “Lolo anda en bicicleta” escrito por Carlos Casares e ilustrado por Manuel Uhía. A colección está coordinada desde a editorial galaxia por Xosé Antón Neira Cruz e conta co patrocinio da Secretaría xeral de Política Lingüística e de Caixanova. Aínda que moitas das entregas corresponden a libros xa coñecidos e contrastados, en máis da metade trátase de libros encargados expresamente para a colección e escritos incluso por autores non habituais do campo da narrativa infantil como é o caso de Rosa Aneiros ou Xavier Seoane.

Máis información en El País

Que che parece esta nova?
35 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

07/10/2008

Karaoke cos contos

Contos en cantos permite chegar á literatura através da canción