A versión contemporánea de "Romeo e Xulieta" en Teatro do Noroeste

Feira Galega das Artes Escénicas 2007 - Montaxes

| Santiago. Redacción | Seccións: Espectáculo
Compartir:

Romeo e Xulieta de William Shakespeare é un texto clásico, que nunha versión moderna e actualizada como esta, resulta un espectáculo de fonda contemporaneidade.
O proceso de socialización non é algo natural e dinámico, senón que é conflitivo e, ás veces, destrutivo. O conflito entre o persoal e o familiar non sempre se resolve. E mesmo cando se resolve, non sempre se resolve ben.

Conxúganse catro elementos observados de forma específica: O destino, como percorrido ou proxecto vital; a acción, como compromiso coa realidade; o amor como exaltación da individualidade; e a morte, como a destrución e reunificación de todo. O vello conflito familiar é un pano de fondo que colabora, pero non determina.

Máis información no web do IGAEM

Que che parece esta nova?
35 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Feira, Teatro, Teatro do Noroeste, Artes Escénicas...