Galicia, malia ao seu atraso, destaca en educación e transporte entre as rexións europeas

Só podemos mellorar

| Santiago. Redacción | Seccións: Sociedade
Compartir:
O informe sobre competitividade rexional da Asociación Europea de Cámaras de Comercio déixao claro. Galicia está nos últimos postos da UE en canto a riqueza (últimos do Estado), acceso a Internet, emprego ou creación de patentes (posto 208 de entre 250 rexións). Iso si, o mesmo informe recoñece que malia ao atraso nestes e noutros indicadores, somos unha das rexións europeas con máis potencial, xa que estamos entre as que posúen máis quilómetros de autovías por habitante (posto 28), contamos cunhas boas cifras de transporte marítimo e terrestre (postos 44 e 72, respectivamente) e temos un alto nivel educativo (posto 66).

Máis información en La Voz de Galicia; o informe, en inglés, en pdf

Que che parece esta nova?
25 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Educación, Internet, La Voz de Galicia

Claves

Entidades
Conceptos